miércoles, 28 de abril de 2021

Natal dos Simples. Zeca Afonso/ Arr. Xela Conde

 Moi boas, polifónicos

Aquí tendes outra cancionciña para aprender. 

Natal dos Simples

Nesta carpeta atoparedes a letra, o midi, e a partitura.

E aquí a versión "made in" feita pola profe

Natal dos simples. Vídeo

Veña! que é faciliña e divertida de cantar!

jueves, 8 de abril de 2021

So ell Encina (Anónimo - Cancioneiro de Palacio) - PDF, MIDI

 Moi boas

Aquí tendes os enlaces do material para ir preparando a canción "So ell encina":

So ell encina. PDF

So ell encina. MIDI

Lembrade que o arquivo MIDI o podedes abrir con MUSESCORE e así poder escoitar cada unha das cordas (xuntas ou por separado).

Ademáis, inclúovos un enlace a un vídeo de YouTube onde aparecen todalas voces da partitura:

So ell encina. Youtube

Ánimo e ata o mércores!

martes, 2 de junio de 2020

Exercicios de vocalización e entonación. Sto mi e milo. Canta comigo. Boletín ETRAD 12

Moi boas polifónicxs!

Moi boas

Esta vai ser a última entrada neste blog no curso 19/20 e ,antes de nada, gustaríame agradecervos a vosa empatía hacia a escola e a vosa entrega nesta asignatura. Quero que saibades que foi un placer tervos como alumnxs, pena non poder ter todalas clases presenciáis. Grazas por pasar por aquí cada semana de confinamento. SODES QUERIBLES! Agardo que esta clase vos servise para aprender e collerlle cariño ao canto.


Bueno ... imos ao chollo! 


Antes de nada, un exercicio de vocalización que vos vai servir para quencer e, ademáis, igualar vogais e calidade vocal entre vós.


Exercicio de vocalización coral para igualar vogais


E agora un exercicio de entonación para que cada vez vos resulte máis doado cantar por partitura.


E, para rematar, o vídeo "canta comigo" da última canción que aprendíchedes neste aula; "Sto mi e milo" Quero escoitar como cantades desde aquí!  :-)


Pois xa estaría rematado o curso co colofón final do voso multivídeo que agardo con espectación.

O dito, foi un pracer tervos como alumnxs.

Un biquiño grande!

Xela Conde Fernández

martes, 19 de mayo de 2020

Nova canción. Sto mi e milo. Película. Boletín ETRAD 11

Moi boas polifónicxs!

Agardo que sigades estupendamente. 

Como xa vos comentei a semana pasada, ides ter unha nova canción para aprender. 

Nesta ocasión ímonos a desplazar ata Macedonia. Aquí vai un enlace explicativo sobre esta canción tan bonitiña.

Sto mi e milo. Descrición

E aquí vai o enlace aos arquivos: PDF, MIDI, letra fonética, ENCORE.

Sto mi e milo

A semana que ven teredes o "Canta comigo" desta canción para que a poidades practicar con todalas voces.

E fai uns días atopeime con esta película que vai sobre un neno que entra a formar parte dun coro. Vouvos poñer tamén o enlace aquí por se vos apetece vela. Creo que merece a pena unha ollada.

El coro (Boychoir)

Nada máis polo de agora. 

Coidádevos moito e biquiños positivos!

Xela Conde Fernández

martes, 12 de mayo de 2020

Canta comigo "Queimadelos". Cantigas e Agarimos. Boletín ETRAD 10

Moi boas polifónicos!

Agardo que sigades ben e disfrutando dalgún paseo (con precaución)

Supoño que falaríades algo entre vós acerca do vídeo colectivo que me gustaría que fixérades. Aquí mándovos outro vídeo "canta comigo" para que repasedes a canción "Dous pasos de Queimadelos"

Dous pasos de Queimadelos. Canta comigo

Estaría ben poder facer unha reunión o próximo xoves 21 de maio ás 18:30h por ZOOM para falar e solventar dúbidas que teñades. Aquí vos deixo os datos para que vos unades á reunión:

Unirse á reunión Zoom
https://us02web.zoom.us/j/81727967397?pwd=NHZKTFZidjMxTllnNy9Eb3JFTWVjUT09

ID de reunión: 817 2796 7397
Contraseña: 6xbZZf

A próxima semana teredes unha nova canción para aprender e para poder elexir para ese vídeo. 

E, como sempre está ben ver e escoitar a persoas que fan o mesmo ca tí, enlazo unha actuación do coro Cantigas e Agarimos, moi ben dirixido polo noso querido profesor e xefe de estudos Xaquín Xesteira.


Nada más polo de agora. Disfrutade moito e próxima semana máis e mellor.

Biquiños positivos

Xela Conde Fernández

martes, 5 de mayo de 2020

Técnica vocal. Canta comigo: Natal dos Simples. Boletín ETRAD 9

Moi boas polifónicos!

Outra semaniña máis para cantar! 

Adxunto un vídeo explicativo e recordatorio sobre o que vimos da organoloxía da voz.

A voz como instrumento musical

O outro día falou comigo unha compañeira vosa ao respecto da asignatura. Como vos dixen ao primcipio do cuatrimestre, esta asignatura normalmente só se pode entender como presencial (por razóns obvias) Este ano as cousas foron dadas así e tiven/tivemos que idear outras fórmulas para que, aulas como estas, puideran continuar. Así que, a úmica maneira que teño de vos evaluar a todxs é por medio dun vídeo colectivo. Teríades que elexir entre todxs a canción (das que estades aprendendo por aquí) que máis vos guste e mellor vos saia e facer o vídeo. Por suposto, a parte de cantar, podedes incluir instrumentos.

Pero non vos precipitedes, que aínda quedan cancións por aprender.

Vou poñer outro multivídeo. Nesta ocasión coa canción Natal dos Simples, que supoño q xa teredes traballada. Cantade comigo

Natal dos Simples. Canta comigo

E nada máis polo de agora. 

Próxima semana máis e mellor. ÁNIMO!

Biquiños positivos!

Xela Conde Fernández